Galego

Encontro Europeo de Liberación Animal 2018.  1-3 Xuño, Bilbao

Un lugar para compartir habilidades prácticas e debater estratexias e tácticas para a loita contra a opresión de animais e a destrucción dos seus hábitats. Agardamos construir unha rede efectiva e grupos e individuas pola liberación animal ao longo de Europa. Tamén un foco posto sobre como podemos mirar mellor por nós mesmas, e polas demáis, para facer o noso movemento máis resilente contra a represión e outras dificultades que temos que afrontar.

O encontro será organizado usando os principios anarquistas, pero iso non significa que teñas que ser anarquista para asistir. Os talleres estarán traducidos a español, inglés e francés. Se podes axudar con estas traducións, por favor, contacta con nós por adiantado.
Sería realmente útil saber canta xente vai vir. Se estás interesada en asistir ou se poderías ofrecer algún taller ou charla, por favor, contacta.

liberation.gathering@riseup.net

 

O Encontro Europeo de Liberación Animal apunta a construír un movemento militante forte para loitar contra a opresión de animais non- humanos. Este encontro agarda conectar a individuas e pequenos grupos de persoas con ideas afíns traballando pola liberación animal, para formar unha rede forte e efectiva, e recuperar a súa antiga forza e dirección. Os grupos de activistas polos animais que carecen dunha política máis ampla están a volverse cada vez máis rechamantes para xente con visións fascistas, de dereitas e/ou patriarcais. Estaremos a falar sobre algúns exemplos disto no encontro e de que maneira poderiamos desafialo mellor.

Moita xente deixa o noso movemento xa sexa pola represión da policía e o Estado, pola violencia de quen agride aos animais, comportamentos opresivos dentro dos nosos propios grupos ou simplemente porque estar involucrada na loita pode ser realmente un reto. Queremos construír unha rede onde podamos traballar colectivamente para coidarnos a nós e ás demais para crear un movemento resiliente. A loita anarquista e anticapitalista é unha importante parte da loita pola liberación animal e é só mediante a comprensión do que está detrás da xerarquía e a opresión afrontadas por outras especies como poderemos desafiala con eficacia. Moitas persoas non se definirían a si mesmas como anarquistas pero séguense opoñendo á xerarquía e a domesticación, encantaríanos que estas persoas fosen parte do encontro. Non é un espazo exclusivamente anarquista.

Estamos a planear unha gama de talleres. Cremos que reflexionar sobre o noso movemento é vital para progresar pero tampouco queremos pasarnos todo o fin de semana falando. Haberá tamén algúns talleres prácticos onde a xente poida compartir as súas habilidades. Se hai un taller que che gustaría ver ocorrer ou un taller que che gustaría ofrecer encantaríanos oílo.

Advertisements